Sala de exposicións

A sala de exposicións temporais é un espazo amplo, diáfano e luminoso. Tres características indispensábeis para a montaxe de todo tipo de mostras artísticas, ben sexan de artes plásticas, fotografía, deseño, arquitectura ou ben, de audiovisuais e novas tecnoloxías.

Dispón dun vestíbulo de acceso de 350 m² que pode funcionar como un espazo complementario, especialmente para a celebración de actos de apertura ou clausura.

A entrada das obras de arte á sala realízase grazas a un cargadoiro cuberto de acceso directo. Trátase dunha zona de paso restrinxido cun sistema de vixilancia permanente.

Características técnicas

  • Dimensións
    • Superficie: 1.220 m²
    • Alto: 4,5 m
    • Ancho: 24,41 m
    • Longo: 44,26 m
  • Paredes móbiles que permiten a realización de montaxes temáticas
  • Iluminación sustentada no teito mediante carril
  • 12 tomas de corrente distribuídas uniformemente pola sala
  • Sistema de alarma
  • Detectores iónicos de incendios ETX500
  • Temperatura en sala: 22ºC
  • Humidade relativa en sala: 50% (+/-2%)