Pazo da Cultura
Salón de actos
Acolledor, íntimo, recollido... o Salón de actos é unha ampla sala graduada, deseñada en forma cuadrangular. De moderna decoración, é idónea para a celebración de conferencias, cursos, seminarios e simposios.
As súas grandes ventás proporcionan unha intensa iluminación natural pero tamén pode ser escurecido para adaptarse ás particularidades de cada evento.
Equipado cos últimos avances tecnolóxicos, ten capacidade para 276 persoas, acomodadas en confortábeis butacas. A mesa presidencial está habilitada para sete postos.
Todo congreso precisa dun espazo complementario para recibir aos asistentes, entregarlles o material, tramitar inscricións de última hora... A área de congresos do Pazo da Cultura dispón dun amplo vestíbulo de 150 m2 no que desenvolver todas estas actividades.
Características técnicas
- Aforo: 276 persoas
-
Dimensións:
- Superficie: 368 m²
- Ancho: 14 m
- Longo: 24 m
- Equipo de tradución simultánea por infravermellos con 55 unidades remotas
- 1 cabina de control con 4 postos para tradutores
- Sala climatizada
- Sistema de megafonía fixo estéreo Optimus
- Megafonía de mesa e sen fíos de man
