Seminarios

Foto: Rafa Vázquez

Concibidos como espazos multiusos, o Pazo da Cultura dispón de oito seminarios que se adaptan con absoluta liberdade a calquera tipo de encontros e reunións profesionais. Así, constitúen o lugar idóneo para a organización de intensas xornadas de traballo.

Trátase de salas amplas e luminosas que contan cos medios necesarios para a celebración de actos de moi diversa índole, desde cursos e xornadas, ata obradoiros, presentacións de produtos...

Cada seminario ten capacidade para un total de 40 persoas e está equipado coa tecnoloxía máis avanzada para satisfacer toda clase de necesidades. Grazas á mobilidade da súa disposición, estas salas permítennos distintos modelos de posta en escena: tipo teatro, tipo escola, en patio andaluz, en forma de U...

Características técnicas

Situación

  • Seminarios 1-4: primeiro andar
  • Seminarios 4-8: segundo andar

Dimensións

  • Superficie: 61 m²
  • Alto: 3 m
  • Ancho: 7,8 m
  • Longo: 7,8 m

Recursos técnicos

  • Proxector de vídeo, de diapositivas e de transparencias
  • Monitor 28”, vídeo VHS
  • Reprodutor de CD e de cassette
  • Pantalla con trípode de 1,60 x 1,80 cm
  • Taboleiro encerado
  • Existen 4 tomas de corrente distribuídas por cada seminario
  • Posibilidade de instalar liñas telefónicas