Xoves 24 de maio de 2007

Teatro Principal (Auditorio) 20:30hTeatro

O xoves 24 de maio, ás 20.30 h. no Teatro Principal de Pontevedra, terá lugar a representación teatral “Non bebas auga”, a cargo de Teatro Cherokos (Teatro Municipal de Sada) a beneficio de Ayuda en Acción. Trátase dunha iniciativa organizada pola citada ONG e promovida polo Pazo da Cultura de Pontevedra e Teatro Principal de Pontevedra.

Os fondos recadados con esta actividade irán destinados ao proxecto de apoio á rexeneración de ingresos de mulleres usuarias da casa refuxio “Hoy por ti mujer”, afectadas por violencia de xénero, de San Juan de Lurichango, Lima, Perú.

SINOPSE Máis de 15 actores representan a obra adaptada de Woody Allen “Non bebas auga”: Finais dos anos 60, nunha embaixada americana, un fracasado embaixador substituto, dúas secretarias ben distintas, unha cociñeira moi traballadora, unha monxa tola pola maxia, e de pronto, unha familia americana acusada de espionaxe, un sultán dictador e a súa muller, invitados, amor, enredo e policías rusos...

As entradas poranse á venda dende as 18 horas na billeteira do Teatro Principal, a un prezo de 5 €. Para venda anticipada, e mesmo fila cero, chamar ao teléfono: 661 022 614.

Autor
Woody Allen
Compañía
Teatro Cherokos, Teatro Municipal de Sada
Empresa Promotora
Ayuda en Acción
Observacións
Prezo: 5€ (á venda desde as 18 horas na billeteira do Teatro Principal). Anticipada no 661022614