Xoves 14 de xuño de 2007

Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00hMúsica

A Banda de Música de Pontevedra (BMP) cédelle o protagonismo a Jorge A. González Reynoso Sarabia como marimba solista, nun concerto que percorrerá pezas de Alfred Reed. O director asistente da Banda, José Varela Pardo será o encargado de levar a batuta nesta derradeira actuación do ciclo de Primavera 2007. O concerto dará comezo ás 21 horas no Auditorio do Pazo da Cultura. A entrada será de balde.

Programa do concerto A Banda de Música Pontevedra interpretará o seguinte repertorio:

A. Reed: Armenian Dances (Parte I)

A. Reed: Concertino for Marimba I. Nocturne II. Scherzetto III. Toccata Solista: Jorge A. González ………(Marimba)

A. Reed: Pulchinello, Overture to a Romantic Comedy

A. Reed: Second Suite “Latino-Mexicana” III. Guaracha

Director aistente: D. José Varela Pardo. Solista: Jorge A. Gonzalez Reynoso Sarabia (Marimba)

Será un concerto integral dedicado a un único compositor, neste caso Alfred Reed, de gran trascendencia na creación de música para banda.
O solista, Jorge A. Gonzalez Reynoso Sarabia, é un novo integrante da BMP que nace hai 19 anos en México e ingresa na Banda de Música de Pontevedra hai dous. Na actualidade cursa estudos de percursión no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga”  de Pontevedra.
Trátase do último concerto da temporada de Primavera, e polo tanto, do derradeiro que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra, xa que na época estival as actuacións trasladaranse ás rúas e prazas da cidade.
Director
Javier Viceiro-Filgueira
Empresa Promotora
Concello de Pontevedra
Observacións
Entrada gratuíta