Xoves 20 de setembro de 2007

Teatro Principal (Auditorio) 20:30hTeatro

A xira dos 125 anos do teatro galego pecha o seu paso por Pontevedra o 20 de setembro ás 20.30 horas. A cita será no Teatro Principal con ‘O Merlo Branco’ de Talía Teatro. A xira dos 125 anos do teatro galego continuará noutras localidades galegas ata o vindeiro 30 de setembro. A Pontevedra, ademais de ‘O Merlo Branco’, trouxo ‘Perigo: zico, zaca, zuco, buscando a mamá’ de Zancalino.

A compañía Nace no ano 1988 no Concello de Cee como grupo de teatro afeccionado vinculado á asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee. No ano 1996, despois de se constatar a evolución da compañía, decidiu dar o salto ao profesionalismo montando ata o día de hoxe máis de vinte espectáculos, algúns deles, coma Bicos con Lingua son xa grandes clásicos do teatro galego.

A obra A familia Merlo agarda con ilusión o nacemento dun merliño. Pero un detalle vai empañar o feliz acontecemento: o merliño é branco. Qué desilusión! Cómo é posible se todos os merlos son negros? O merliño sentindo o rexeitamento dos seus pais, decide marchar da casa. Comeza entón a súa aventura para atopar paxaros aos que asemellarse. A compañía Talía Teatro representará ‘O Merlo Branco’ o xoves 20 de setembro ás 20.30 horas no Teatro Principal de Pontevedra. A entrada será gratuíta.

Compañía
Talía Teatro
Empresas Promotoras
Pazo da Cultura, Consellaría de Cultura e IGAEM