Programación
Ciclo Outono Teatro 2007: Emigrados, de Teatro de Ningures
Sábado 29 de setembro de 2007
Teatro Principal (Auditorio) 20:30h — Teatro
Unha historia múltiple, que engarza, constitúe un mosaico de pezas de distintos autores e autoras que unha por unha, dende o tratamento específico da emigración, da inmigración, do retorno, do desenraizamento, compoñen un cadro xeral que permite apreciar nidiamente o drama individual e social que supón estoutro xeito de "exilio".
- Compañía
- Teatro de Ningures
- Observacións
- Prezo: 5€ e 3€ (estudantes, desempregados e xubilados). Venda anticipada en www.caixanova.es ou no 902504500.Entradas restantes á venda no Teatro Principal dende unha hora antes.
