Xoves 25 de outubro de 2007

Teatro Principal (Auditorio) 20:30hTeatro

Divertidísima comedia do gran dramaturgo Aristófanes. A obra comeza cando un grupo de mulleres decide facerse co goberno da cidade. Pero nun mundo de homes terán que se disfrazar, falar e actuar como eles para convencer a todos os sabios de que as mulleres deben gobernar. A peza é unha aposta polo gran teatro de todos os tempos, pois en escena mestúranse elementos da Grecia clásica (teatro e vestiario), da comedia dell’arte (o uso de máscaras), e do teatro máis contemporáneo (música, escenografía e iluminación).

Compañía
SkENÉ Teatro
Observación
Prezo: 5€ e 3€ (estudantes, desempregados e xubilados). Venda anticipada en www.caixanova.es ou no 902504500.Entradas restantes á venda no Teatro Principal dende unha hora antes.