Programación
A Asemblea de mulleres
Venres 26 de outubro de 2007
Teatro Principal (Auditorio) 11:30h — Teatro
Divertidísima comedia do gran dramaturgo Aristófanes. A obra comeza cando un grupo de mulleres decide facerse co goberno da cidade. Pero nun mundo de homes terán que se disfrazar, falar e actuar como eles para convencer a todos os sabios de que as mulleres deben gobernar. A peza é unha aposta polo gran teatro de todos os tempos, pois en escena mestúranse elementos da Grecia clásica (teatro e vestiario), da comedia dell’arte (o uso de máscaras), e do teatro máis contemporáneo (música, escenografía e iluminación).
- Compañía
- SkENÉ Teatro
- Empresas Promotoras
- Igaem e Pazo da Cultura
- Observación
- Prezo: 2,5€ (aforo concertado con centros educativos)
