Xoves 15 de novembro de 2007

Teatro Principal (Auditorio) 11:30hTeatro

Na súa orixe, é dicir, no texto escrito polo autor, “As últimas lúas” é bo teatro; é teatro comprometido e tamén divertido; e ten un forte compromiso humano e social, que se atreve a inventar, cunha intensa carga de delicado humor e de inmensa tenrura, unha mirada seria e serea sobre aqueles pasos tan fundamentais no noso transitar pola vida como son a senectude e a morte. Deixa caer intermitentemente sobre o espectador alguns interrogantes: que lugar ocupan ‘os vellos’ na sociedade contemporánea?, que espazo lles permite ocupar esta sociedade?

Compañía
Lagarta Lagarta
Empresas Promotoras
Pazo da Cultura e Igaem
Observación
Prezo: 2,5€ (aforo concertado con centros educativos)