Programación
Ciclo Con voz propia: concerto de Lila Downs
Sábado 17 de novembro de 2007
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Música
A mexicana Lila Downs regresa co seu último traballo "La Cantina (entre copa y copa...)", cun repertorio de baladas rancheiras que loitan contra o sufrimento, a soidade e a dor de amoríos. Esta é unha oportunidade única de ver no escenario a unha artista que sempre causa impresión. Á súa imaxe, inspirada en vestimentas tradicionais e lembrando á gran pintora Frida Khalo, consegue capturar o espírito da súa música cunha capacidade chea de emoción.
- Empresas Promotoras
- Concello de Pontevedra, Pazo da Cultura de Pontevedra e Fundación Caixa Galicia
- Observacións
- Prezos: 10 e 12 €. Venda anticipada: 902 434443 ou www.caixagalicia.es. Venda no despacho de billetes no día da actuación: Teatro Principal, de 11 a 14 e de 17 a 19 horas. Pazo da Cultura, de 19.30 a 21 horas.
