Programación
Los desastres del dinero
Xoves 13 de decembro de 2007
Teatro Principal (Auditorio) 20:30h — Teatro
É unha divertidísima sucesión de relatos centrados nos cartos, e basadas en situacións de clásicos contemporáneos. Na obra sucédense as escenas onde o cotián dá corpo a situacións de carácter humorístico, que permiten o desfile dunha galería de personaxes vinculados co diñeiro: timadores, especuladores, soñadores, avarentos, ladróns, esmolerios, millonarios. A obra busca impulsar o pensamento crítico dos espectadores sobre un tema universal e polémico como son os cartos, co paradoxo de facer rir, para dar a continuación un paso ao espírito crítico que oculta baixo a súa divertida superficie.
- Compañía
- Carlos Borsani y el Gad
- Empresas Promotoras
- Pazo da Cultura e Igaem
- Observación
- Prezo: 2,5€ (aforo concertado con centros educativos)
