Programación
Noite de Reis, ou o que queirades
Xoves 20 de decembro de 2007
Pazo da Cultura (Auditorio) 11:30h — Teatro
Sebastián e Violeta, irmáns xemelgos, naufragan ante a costa de Iliria. Violeta consegue chegar case sen vida á praia coa axuda de Festas, bufón da corte do duque Orsino. Ella cre que Sebastián morreu. Vestida de home e facéndose pasar por un paxe novo co nome de Cesario, pasa a servir na corte do duque Orsino que está “poética, apaixonada e desesperadamente namorado” da aflixida Lady Olivia, que o rexeita continuamente. Orsino utiliza a Cesario como confidente e como mensaxeiro para declararlle o seu amor a Olivia pero Cesario-Violeta, en realidade, comeza a namorarse de Orsino mentres que Olivia, pola súa banda, se namora do mensaxeiro, que é Cesario.
- Compañía
- Centro Dramático Galego
- Empresas promotoras
- Igaem e Pazo da Cultura de Pontevedra
- Observación
- Prezo: 2,5 € (aforo concertados con centros educativos)
