Sábado 10 de maio

Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00hConcertos

Criado nas favelas de Río de Xaneiro, Seu Jorge é unha das figuras máis representativas e

carismáticas do novo samba brasileiro. Compositor, cantante e actor conseguiu fusionar con pericia a

tradición musical carioca e a modernidade do funk rock. Considerado un dos grandes da nova

xeración da música popular brasileira, presenta en Pontevedra o seu novo disco América Brasil.

Prezo
12 euros na billeteira
Horario billeteira

o mesmo día do concerto no Teatro Principal de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas e no Pazo da Cultura unha hora e media antes do inicio, é dicir, a partir das 19:30 horas.

10 euros venda anticipada a través do teléfono 902 504 500 ou na web www.caixanova.es