Luns 16 de xuño de 2008

Pazo da Cultura (Auditorio) 22:30hDanza

Obra: O Kiosko das Almas Perdidas

Unha peza dirixida polo coreógrafo tarraconense Roberto Oliván con música da galega Mercedes Peón

na que convivirán diferentes disciplinas artísticas. Os 12 bailarins/as seleccionados conforman o

elenco deste novo espectáculo, para o cal Oliván contará coas achegas doutros profesionais galegos.

A poesía, o movemento, a tradición, a vida urbana, as emocións e sensacións do noso contorno....

son algunhas das características da obra de Roberto Oliván. O coreógrafo reflexiona sobre a vida e a

nosa capacidade de resposta ante ela, que é o camiño da liberdade.

Prezo: 5 eur ou 3eur para estudantes, xubilados e parados.
Venda anticipada a través de Caixanova no teléfono: 902 504 500