Programación
Gala-presentación da Curtametraxe Adeus Edrada? de Rubén Riós
Sábado 21 de xuño de 2008
Teatro Principal (Auditorio) 22:00h — Cine
Proxección da curtametraxe Adeus Edrada? de Rubén Riós, gala presentada polo grupo humorístico
San & San, humoristas de Luar, coa actuación de Emilio Rúa, do grupo Queixume dos Pinos e a
presentación do making off de Miguel López. Adeus Adrada? recibiu o premio Mestre Mateo e "concha
de plata" no Festival Internacional de Torrelavega, sendo seleccionado entre os 400 filmes
presentados. O actor da exitosa serie Libro de Familia, rende nesta obra un cariñoso homenaxe á
Galicia profunda e ás aldeas que poden desaparecer para sempre polo éxodo á cidade e a
especulación inmobiliaria. No caso de Edrada, localidad ourensá na que só viven 5 persoas e dous
cans, Riós tamén quixo homenaxear a todas as persoas maiores que se preocuparon por transmitir as
tradicións máis antigas de Galicia.
- A entrada é gratuíta mediante invitación ata completar o aforo.
- Para solicitar as invitacións no e-mail: miguel-lopez@mundo-r.com ou no número: 629 732 125
(Miguel) ou no 699 784 332 (María)
