Programación
Hendaya mon amour
Xoves 16 de outubro de 2008
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Teatro
23 de outubro de 1940, no punto límite entre as conquistas militares do III Aich e España, tivo lugar un encontro. “Hendaya mon amour” conta en clave de comedia musical o encontro entre Adolfo the Hit “Fito” o Führor do III Aich e Francisco Frango “Paco” o Claudillo de España. Un musical que navega por diferentes estilos musicais twist, hip hop, balada romántica, copla, pop. A meirande historia de amor endexamais contada. Unha comedia na que o amor acaba co fascismo. Un musical “Made in Bacana”.
Prezo: 5 € Prezo reducido: 3 € para estudantes, parados e xubilados Venda anticipada entradas en www.caixanova.es ou no 902 504500 Compañía: Bacana
