Programación
Aeroplanos
Xoves 23 de outubro de 2008
Teatro Principal (Auditorio) 20:30h — Teatro
Aeroplanos é unha comedia: de texto, de intriga, idealista, enxeñosa e de linguaxe sutil. Sabemos que rir é unha defensa contra a angustia e, de maneira moi xeral, a comedia é o lugar de todos os alivios posibles. É unha viaxe da vida, dun instante, dun segundo. Unha viaxe onde o tempo, medible por un reloxo, non ten ningunha importancia, dunha viaxe que ten un minuto, nada máis, pero este minuto... dentro... teno todo.
Prezo: 5 € Prezo reducido: 3 € para estudantes, parados e xubilados Venda anticipada entradas en www.caixanova.es ou no 902 504500 Compañía: Lagarta Lagarta
