Xoves 6 de novembro de 2008

Teatro Principal (Auditorio) 20:30hTeatro

Comedia urbana, aínda que marxinal, sobre o fructífero encontro de dúas mulleres singulares, unha mendiga chegada ao punto de maior degradación, e unha prostituta de estrada barata e acabada, que disputan o seu espazo vital, a parada abandonada do bus 108. Nos límites imprecisos da cidade, e posiblemente tamén da realidade, móvense estas personaxes que, a pesares a súa lateralidade, manteñen o seu dereito a ser felices. Se cadra, todo podería acontecer doutro xeito, pero elas asumen cunha dignidade túzara a parte que lles tocou vivir…

Prezo: 5 € Prezo reducido: 3 € para estudantes, parados e xubilados Venda anticipada entradas en www.caixanova.es ou no 902 504500 Compañía: Teatro do Noroeste