Programación
Extremoduro en concerto.
Sábado 8 de novembro de 2008
Recinto Feiral (Superficie Principal) 22:00h — Música
Antes de poñer fin á súa extensa xira, Extremoduro fai unha parada en Pontevedra, con Memoria de pez como teloneiros. Extremoduro publicou en setembro un novo disco, ‘La ley innata’, composto por un tema dividido en seis pistas, que foron presentando nos seus primeiros concertos. Despois de acadar os primeiros postos nas listas de vendas e o disco de ouro, no recinto feiral tocarán eses novos temas así como outros grandes éxitos.
As portas do recinto abrirán ás 20:00 horas. Ás 20:30 comezará a actuación de Memoria de pez e, xa ás 22:00 horas, o concerto de Extremoduro.
Prezo: 22 € en anticipada e 26 € na billeteira venda entradas: www.ticktackticket.com, 902150025, fnac, carrefour. En Pontevedra: Tipo, Hiperfroiz. Vilagarcía: Hiperfroiz Santiago: Tenda A Reixa
