Xoves 20 de novembro de 2008

Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00hTeatro

La Imagina Machina presenta o seu novo espectáculo, Ubú Rei, unha comedia musical. O clásico contemporáneo volve percorrer os escenarios galegos. Ubú, esa grotesca marioneta, conquista o poder pola violencia e a traizón, e continúa exercéndoas movido por un desaforado e obsceno apetito de dominación. Unha farsa sobre os dramas shakesperianos en clave musical. Un espectáculo onde o humor, o grotesco, o xogo da máscara, as cancións, unha escenografía impactante e un traballo de iluminación e proxeccións fan desta montaxe un verdadeiro espectáculo multimedia. Seis actores e actrices dan vida a unha divertida comedia musical, a este delirante Ubú REInventado!

Prezo: 5 € Prezo reducido: 3 € para estudantes, parados e xubilados Venda anticipada entradas en www.caixanova.es ou no 902 504500 Compañía: La imagina Machina