Programación
François Kollar e a moda
Mércores 26 de novembro de 2008—Domingo 11 de xaneiro de 2009
Pazo da Cultura (Sala de Exposicións) — Exposicións
A exposición recolle algúns dos múltiples retratos que Kollar realizou a persoas relacionadas coa moda e o mundo artístico, pero tamén a membros da aristocracia europea.A diseñadora Coco Chanel; o cantante Charles Trenet; o escenógrafo Christian Berar; a duquesa de Windsor ou a princesa Marina de Grecia, son algúns dos persoeiros da época que posaron para Kollar, algún deles no marco do seu traballo para Harper's Bazaar.
Ata o 11 de xaneiro de 2009 Aberta de martes a venres de 17:00 a 21:00, sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Luns pechado
