Xoves 4 de decembro de 2008

Teatro Principal (Auditorio) 20:30hTeatro

Comedia escrita polo actor Paco Mir que está acadando unha gran acollida de público e crítica (máis de 16 premios, entre eles o Max). Agora en Galicia a compañía Malasombra, baixo unha intelixente e divertida dirección de Marcos Orsi, preséntanos Non é tan fácil, que nos conta que é difícil romper unha relación de parella. Quique, tras sete anos de relación, quere deixar a súa noiva Andrea, pero non sabe como. Busca apoio e consello nun camareiro, Lucas, co que irá repasando un feixe de disparatados xeitos de romper a relación sen facerlle dano. Pero comproborán que non é tan fácil.

Prezo: 5 € Prezo reducido: 3 € para estudantes, parados e xubilados Venda anticipada entradas en www.caixanova.es ou no 902 504500 Compañía: Mala sombra