Martes 9 de decembro de 2008

Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00hMúsica

Están aquí porque nunca se foran. Son aínda un colectivo de músicos e videocreadores anónimos porque o seu programa ideolóxico non mudou unha coma dende The Third Reich'n'Roll (1996). Talvez por iso, The Residents seguen a cuestionar o pop como artefacto do mercado cultural contemporáneo. Agora atacan de novo con The Bunny Boy, un álbum, un personaxe, unha serie saída da internet, unha coartada conceptual e unha posta en escena que nin é música ao vivo nin é teatro nin é videoarte. Sesenta discos máis tarde, The Residents seguen aí. Esta é a súa primera xira mundial en anos.

Venda anticipada de entradas: www. caixanova.es ou no 905 504500 Prezo en anticipada: 12 € Prezo na billeteira: 15 € Horario da billeteira: no Teatro Principal o día do concerto de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h e na billeteira do Pazo da Cultura dende hora e media antes do concerto