Programación
No comment
Xoves 11 de decembro de 2008
Teatro Principal (Auditorio) 20:30h — Teatro
Unha obra en construción, moitos metros sobre o nivel do chan. Os operarios non falan, en parte polo barullo das máquinas, en parte porque veñen de países e culturas diferentes. É o Babel moderno. Constrúese contra o ceo e non se entende quen o fai. Sen necesidade de falar, dous obreiros encóntranse: un veterano e un novo; o que leva toda a vida e que dalgún modo comprende a política do ladrillo e aquel outro que, se cadra, tería preferido ser violinista ou economista ou chamán na súa terra natal.
Prezo: 5 € Prezo reducido: 3 € para estudantes, parados e xubilados Venda anticipada entradas en www.caixanova.es ou no 902 504500 Compañía: Mofa e Befa
