Venres 19 de decembro de 2008

Recinto Feiral (Superficie Principal) 16:30hParque de ocio

Un ano máis conta cunha pista de xeo, parque de ocio con inchábeis e obradoiros e un circuíto de Karts para nenos e adultos no aparcadoiro exterior

Os horarios de apertura da pista de xeo son: todos os días de 16.30 a 23.00 h, venres e sábados ata a 1.00 h e ademais os sábados e domingos tamén de 11.00 a 14.00 h. Os horarios do parque de ocio son todos os días de 16.30 a 22.00 h.

Os prezos oscilan entre os 3 € e os 6 € dependendo das actividades escollidas.