Programación
SYMBIOSIS, MAXIA PARA VÓS
Venres 26 de decembro de 2008
Teatro Principal (Auditorio) 18:30h — Maxia
A acción xira en torno a dous magos, de orixes ben distintos. Un deles é galego, o outro arxentino. Xuntos descobren que no fondo non teñen tantas diferenzas e que a súa gran paixón é a maxia e compartir esta co público, transportándoo a unha nova realidade onde non hai barreiras, onde non hai normas, onde todo toma un novo significado, onde non existe a palabra imposíbel. Neste espectáculo nada é o que parece e nada parece o que é.
Prezo: 2 € Venda anticipada en Caixanova na web www.caixanova.es ou no telf: 902 504500
