Programación
A boa persoa de Sezuán de Bertolt Brecht
Sábado 17 de xaneiro de 2009
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Teatro
Tres deuses baixan á Terra coa esperanza de atopar persoas que sigan os seus ditados, isto é, que sexan persoas boas e xustas. A primeira que descobren é a única que os acolle en Sezuán: Shan-Che, unha prostituta a quen premian dándolle outro medio de vida, unha tenda de tabaco. Pero os habitantes da aldea non tardarán en aproveitarse descaradamente das boas intencións da moza, polo que esta, farta deles, decide disfrazarse dun personaxe masculino chamado Shui-Ta, que con enorme frialdade expulsa a todos os que queren vivir a conta do seu sacrificio.
Prezo: 5 € Prezo reducido: 3 € para estudantes, parados e xubilados Venda anticipada entradas en www.caixanova.es ou no 902 504500 Compañía: Centro Dramático Galego
