Programación
Milladoiro
Sábado 7 de febreiro de 2009
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Concertos
Presentación do seu novo disco, A Quinta das Lágrimas, co actuación de Laura Amado como artista convidada. Este disco é unha viaxe musical, unha banda sonora que partindo dos amores de Don Pedro de Portugal e Dona Inés de Castro, fala da relación entre Galicia e Portugal dende o medievo ata a caída das ditaduras. A historia, a alma compartida, o río Miño, a danza e o ritmo, os horizontes atlánticos e o alén do mar.
Prezo:10 € na venda anticipada e 12 € na billeteira Venda anticipada en Caixanova na web www.caixanova.es ou no 902504500 Horario da billeteira no Pazo da Cultura dende dúas horas antes do comezo da función
