Sábado 28 de febreiro de 2009

Teatro Principal (Auditorio) 20:30hTeatro

A obra reflexa unha guerra, un enfrontamento entre dous bandos do que un deles resulta vencedor e o outro vencido, sen regras, o fin xustifica os medios e todo e lícito cando se trata de gañar, pero, ó final, sexa cal sexa o resultado, todos perden. Nembargantes, esta non é unha guerra como calquera outra: o campo de batalla é o salón da casa de Marcelo, os bandos a familia deste e a muller que vive con el, o obxectivo... cada bando ten o seu: o dun son os cartos e o do outro a información; e as armas empregadas son: ambición, hipocrisía, envexa, carraxe... e moitas outras, ocultas as veces baixo unha aparencia amable ou, incluso, cariñosa.

O prezo para asistir á representación é de 2 €, destinándose a recadación a unha ONG. As entradas poderán adquirirse anticipadamente en caixanova na web www.caixanova.es ou no 902 504 500 o na billeteira do Teatro Principal o día da representación dende dúas horas antes do comezo do espectáculo.