Xoves 26 de marzo de 2009

Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00hNovo circo

PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS Unha flor de Purgatorio é unha sala de espera para as almas que quedaron colgadas na terra á espera de conseguir unha praza no ceo ou no inferno. Dous grupos de almas, unhas aspirantes ao inferno e outras ao ceo, buscan pola cidade o lugar onde se fai visible no día de hoxe esa flor de purgatorio. Son os santos e os pecadores. Ambos os grupos chegan ao mesmo tempo á sala de espera, controlada por un garda rockeiro. Saben que non hai prazas para todos e terán que demostrar as súas habilidades e aptitudes para atravesar a porta.

Prezo: 8 € con descontos a 4 € para estudantes, parados, menores e xuibilados. Venda anticipada en Caixanova na web www.caixanova.es ou no 902 504500 Horario de taquilla no Pazo da Cultura dende dúas horas antes do comezo da función