Programación
JAZZ NO PRINCIPAL: ROMAN FILIU+SPJ GROUP
Sábado 28 de marzo de 2009
Teatro Principal (Auditorio) 20:30h — Concertos
Román Filiú é un saxofonista cubano, graduado polo Instituto Superior de Arte da Habana, formou parte do grupo IRAKERE e ten destacado na escea musical cubana tocando cunha gran variedade de músicos, dende Pablo Milanés ata Gonzalo Rubalcaba. Tamén ten traballado con artistas da talla de David Murray, Michael Mossman, Steve Coleman, Roy Hargrove, Adam Nussbaum e Chucho Valdés, con quen obtivo un premio Grammy ao mellor disco de Jazz Latino.
Prezo: 5 € cun prezo reducido para estudantes, parados, menores e xubilados de 3 € Venda anticipada en Caixanova na web www.caixanova.es ou no 902 504500 Horario de taquilla no Teatro Principal unha hora antes do comezo do concerto
