Programación
Buscando a Hilary
Mércores 15—Xoves 16 de abril de 2009
Pazo da Cultura (Auditorio) — Teatro
Nesta retorcida e cínica comedia protagonizada por Blanca Marsillach, Hilary, avogada de éxito nos seus corenta, está estancada nun punto decisivo da súa vida. Ela sospeita que existe unha forma millor de vivir e que xusto non pode ser o que fora ata agora. Estes pensamentos inician o proceso de despertarse ao coñecemento de quen é ela realmente. E mentres loita por encontrar o camiño de volta á cordura, está confrontada co seu propio auto-demo e ego, Wilpuck.
Venda anticipada en Caixanova na web www.caixanova.es ou no 902 504500 a un prezo de 8 €. Prezo na billeteira 10 € dende dúas horas antes do comezo da función na billeteira do Pazo da Cultura Patrocina: Xacobeo
