Programación
CON VOZ PROPIA 2009: LUDOVICO EINAUDI
Xoves 23 de abril de 2009
Teatro Principal (Auditorio) 21:00h — Concertos
O pianista e compositor italiano Ludovico Einaudi é un dos máis populares expoñentes da corrente new age, con elementos de música clásica, folk e jazz. Chega a Pontevedra para presentar o seu último disco Divenire, no que amplía o seu marco musical ao utilizar, ademais do piano, a orquestra sinfónica e secuencias disparadas desde un Ipod. Coa súa música, que se pode describir como minimalista, clásica, ambiental, contemporánea e intimista, consegue crear un ambiente sonoro único e característico.
Prezo: 12 € (venda anticipada) / 15 € (billeteira) Venda de entradas anticipadas a través do teléfono 902 504 500 ou da web www.caixanova.es; ou ben na billeteira do Teatro Principal dende dúas horas antes do comezo da actuación.
