Programación
Giseliña
Venres 24 de abril de 2009
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Danza
CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO Giseliña supón a terceira produción do CCG, unha libre adaptación de Giselle que dirixe o catalán afincado en Suíza Cisco Aznar. No espectáculo danse cita os grandes temas que marcaron o romanticismo: o culto á natureza e o gusto polo irracional, a simplicidade rural en oposición á axitación xerada polas cidades e o universo dos soños trascendendo o prosaico e materialista do mundo real. A través das súas creacións, os románticos reclaman liberdade de expresión para a súa sensibilidade. Antepoñen o seu “eu’”sufrido e os seus ideais de pureza, á moderación inculcada polo pensamento racional. Renden culto aos estados primitivos, á inspiración espontánea e ás paixóns violentas. Investigan nos soños, no sobrenatural, no estraño, no divino e nun pasado glorioso e lendario. Aman o mórbido e a morte
Prezo: 8 € con descontos a 4 € para estudantes, parados, menores e xuibilados. Venda anticipada en Caixanova na web www.caixanova.es ou no 902 504500 Horario de taquilla no Pazo da Cultura dende dúas horas antes do comezo da función
