Martes 5 de maio de 2009

Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00hMúsica

Fusionan a música popular de raizame balcánica con estilos máis actuais. As súas integrantes, vestidas sempre co traxe folclórico do seu país, son as embaixadoras da fondura e do saber da música vogal de Bulgaria. Estas voces son quen de xerar abraiantes cores vogais e unha arriscada técnica, dunha enorme calidade emotiva.

Prezo: 12 € (venda anticipada) / 15 € (billeteira) Venda de entradas anticipadas a través do teléfono 902 504 500 ou da web www.caixanova.es; ou ben na billeteira do Teatro Principal dende dúas horas antes do comezo da actuación.