Programación
CON VOZ PROPIA 2009: SEUN KUTI & EGYPT 80
Sábado 23 de maio de 2009
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Música
Seun Kuti pon o colofón ao Ciclo Con Voz Propia revivindo a máis orixinal encarnación do Afro Beat, a corrente musical creada polo seu pai, Fela Kuti. Del herdou a forza e a explosión musical, ademais de relevalo á súa morte como director, cantante solista e saxofonista na lendaria banda Egypt 80, coa que tocará en Pontevedra. Tras numerosas xiras por EEUU e Europa onde obtiveron un enorme éxito de público, agora presentan o seu primeiro disco Many Things, fusionando o Afro Beat con estilos de música diferente como o rap ou o hip hop.
Prezo: 15 € (venda anticipada) / 20 € (billeteira) Venda de entradas anticipadas a través do teléfono 902 504 500 ou da web www.caixanova.es; ou ben na billeteira do Teatro Principal dende dúas horas antes do comezo da actuación.
