Mércores 1 de xulloDomingo 30 de agosto de 2009

Pazo da Cultura (Sala de Exposicións)Exposicións

A mostra exhibe as creacións máis recentes dos deseñadores galegos. Organizada pola Concellaría de Cultura e a Asociación Galega de Deseñadores (DAG), presenta unha escolma de corenta logotipos, marcas e identidades seleccionadas a partir dunha convocatoria aberta: desde o emblema da selección galega de fútbol ás Galescolas, pasando polo Xacobeo 2010 ou Galicia Calidade. Mesmo pode verse o logo deterxente Disiclín. Completan "DIÁLOGOS 09" a mostra En torno da Baskerville, onde trinta deseñadores transforman un mesmo libro en vinte e unha propostas sorprendentes e o audiovisual O ollo na rúa. Sinais de identidade, que amosa os resultados dun obradoiro de tipografía realizado nas rúas de Compostela.

Do 1 de xullo ao 30 de agosto de 2009, de martes a venres de 17.00 a 21.00 horas. Sábados, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas e domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 horas.