Mércores 14 de outubro de 2009

Teatro Principal (Auditorio) 21:00hConcertos

Cita de relevancia para os que gusten dos clásicos: o Concerto de Aranjuez do célebre compositor Joaquín Rodrigo. Nesta ocasión será o guitarrista Rolando Saad, gran coñecedor da obra de Rodrigo, o encargado interpretar esta coñecidísima composición. O programa musical incluirá tamén a Fantasía para un Gentilhombre de Rodrigo e a ópera Carmen de Bizet.

Promoven Promoconcert e Pazo da Cultura de Pontevedra. Prezo: 12 EUR. Venda anticipada no teléfono 902 43 44 43 e en www.caixagalicia.es.