Programación
Pan. Catro propostas arredor da malla
Venres 16 de outubro de 2009
Teatro Principal (Auditorio) 21:00h — Teatro
Este Pan componse de catro historias enfiadas arredor da actividade agrícola da malla no que se misturan, coma un ingrediente máis, a danza e a música ao vivo. “Pan, catro historias arredor da malla” é unha comedia protagonizada por Comba Campoy, María Lado, Pepe Penabade, Alfonso Romeo e Luis Iglesia da compañía Volta e Dalle.
Prezo: 5 EUR. Prezo reducido para estudantes, parados e xubilados. Venda anticipada no teléfono 902 504 500 e en www.caixanova.es.
