Programación
Kvetch (O rosmón)
Xoves 22 de outubro de 2009
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Teatro
A peza é unha irónica e lúcida comedia sobre os medos irracionais que nos acosan diariamente, a ansiedade e o estrés. “Unha comedia á americana” coma reza o seu subtítulo, baseada nun texto de Steven Berkoff e protagonizada por Celso Parada, Dorotea Bárcena, Mónica Camaño, Miguel Pernas e Mundo Villalustre da compañía Teatro do Morcego.
Prezo: 5 EUR. Prezo reducido para estudantes, parados e xubilados. Venda anticipada No teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com.
