Programación
Concerto de Maria del Mar Bonet
Sábado 21 de novembro de 2009
Teatro Principal (Auditorio) 21:00h — Concertos
No ano adicado á Nova Cançó, Maria del Mar Bonet presenta en Pontevedra Terra Secreta, un recital íntimo no que a intérprete e autora catalana canta temas de creadores coma Joan Bibiloni, Jordi Guardans, Guillen D'Efak ou Joan Manuel Serrat. Maria del Mar Bonet regresa deste xeito á nosa cidade cun recital íntimo e persoal que invitará aos espectadores a unha viaxe polos cálidos sons do Mediterráneo.
Prezo: 6 EUR (venda anticipada), 8 EUR (no despacho de billetes). Venda anticipada no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com.
