Xoves 26 de novembro de 2009

Teatro Principal (Auditorio) 21:00hTeatro

A obra propón ao espectador unha viaxe ao mundo da imaxinación estruturándose en pequenas escenas soltas ao máis puro estilo clown. Risas, música e moita imaxinación nun traballo de creación colectiva dirixido por Manuel Solla e no que interveñen quince actores da compañía Expresións Produccións.

Prezo: 5 EUR. Prezo reducido para estudantes, parados e xubilados. Venda anticipada No teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com.