Programación
Musgafol
Sábado 12 de decembro de 2009
Teatro Principal (Auditorio) 21:00h — Música
Un outono máis o Teatro Principal acollerá un dos espectáculos máis singulares dos últimos anos: “Música galega para banda de gaita”. Ou o que é o mesmo, a interacción nun mesmo espectáculo do instrumento por excelencia da música popular en Galicia e da formación senlleira da tradición musical. Gaitas e banda de música. Así, xunto á banda pontevedresa a quen dirixirá Xosé Luís Represas Carrera intervirán os gaiteiros: Pedro Lamas, Pablo Devigo, David Bellas, José Manuel López “Josele”, Óscar Ibáñez e Xoan Carlos Rilo.
Entrada gratuíta ata completar aforo
