Programación
Cantos na Maré
Sábado 19 de decembro de 2009
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Festivais
O Festival Internacional da Lusofonía chega á súa sétima edición en Pontevedra. Promovendo a diversidade, o intercambio e o enriquecemento cultural a través da música, contará coa participación de Fred Martins, Tito Paris, Raquel Tavares e Uxía baixo a dirección artística desta última e dirección musical de Paulo Borges.
As entradas estarán á venda dende o 10 de decembro. Poderanse adquirir anticipadamente a un prezo de 8 euros a través do teléfono 902 501 500 ou na web www.caixanova.es. Tamén na billeteira do Teatro Pincipal o mesmo día da actuación en horario de 11 a 14 horas e 17 a 19 horas a un prezo de 10 euros.
