Sábado 2 de xaneiro de 2010

Teatro Principal (Sala 2) 18:30hMaxia

Un espectáculo no que os nenos e nenas son os auténticos protagonistas coa participación activa dos seus pais e nais. O humor centra esta peza na que se desenvolven diferentes comedias de situación creadas a partir da improvisación no escenario. Xunto aos trucos de maxia, haberá tamén elementos de mimo e clown, xogos con panos, ovos, xornais e outros elementos cotiáns convertidos en utensilios máxicos.

As entradas deste espectáculo para púbico familiar pódense adquirir na web www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500 a un prezo de 2 euros.