Programación
Domingos do Principal. COMPAÑÍA BERROBAMBÁN: “BICHARADA”
Domingo 24 de xaneiro de 2010
Teatro Principal (Auditorio) 12:00h — Teatro
A compañía teatral santiaguesa trae ao Teatro Principal unha divertida fábula animal, na que un escaravello se entromete no tranquilo fogar dunha araña e unha formiga, para dar volta ás súas vidas. A posta en escena, a iluminación e a caracterización dos personaxes mestura o mundo real co imaxinario para transportar aos nenos e ás nenas a un territorio máxico, no que os reis son a linguaxe visual e o humor sen palabras. A duración do espectáculo é de 50 minutos e está recomendado para nenos e nenas a partir dun ano.
Esta obra ten dobre función: ás 12.00 e ás 18.30 horas. Entre o 13 e o 18 de xaneiro, pódense comprar abonos para 8 funcións, que teñen un prezo de 18 € e se poden adquirir exclusivamente en taquilla telefónica. Hai dúas modalidades: - O abono matinal, con acceso ás sete funcións das 12.00 horas no Teatro Principal e ao musical O Libro da Selva, que se celebra o 21 de marzo no auditorio do Pazo da Cultura ás 18.30 horas. - O abono de tarde, para as sete funcións das 18.30 horas no Teatro Principal e a mesma sesión do Libro da Selva, no Pazo da Cultura, o 21 de marzo. O prezo das entradas únicas é de 3 € e pódense adquirir en venda anticipada a partir do 19 de xaneiro en www.caixagalicia.es ou no 902 43 44 43, ata tres horas antes do comezo do espectáculo ou esgotar localidades. Se aínda quedan entradas, dúas horas antes de cada función poderanse comprar na taquilla do Teatro Principal.
