Programación
CONCERTO SOLIDARIO CON HAITÍ: “MONOGRÁFICO JOHAN DE MEIJ”
Xoves 28 de xaneiro
Teatro Principal (Auditorio) 21:00h — Concertos
A Banda de Música de Pontevedra dirixida por Juan Lois Diéguez, adicará a súa interpertación ás vítimas dos terremotos de Haití. Tamén contarán coa participación de Anibal Sousa Fernándes, trombón solista da Banda Municipal de Madrid. Co título “Monográfico Johan de Meij”, os asistentes ao concerto poderán escoitar tres pezas do autor holandés: Lago Ness, Aquarium opus 5 e T-Bone Concerto, para trombón e formación.
A entrada custa 3 € que serán doados a Cruz Roja (Pontevedra) para axudar aos damnificados do terremoto de Haití. As entradas poderanse recoller na billeteira do Teatro Principal dúas horas antes do concerto, desde as 19:00h do xoves. Tamén haberá "fila 0" para todos aqueles que non poidan asistir ao concerto pero desexen colaborar con esta causa solidaria.
