Programación
Domingos do Principal. TEATRO MUTIS: “LA ISLA DE PANDORA”
Domingo 31 de xaneiro de 2010
Teatro Principal (Auditorio) 12:00h — Teatro
A produción do Teatro Mutis conta o engano de Don Epimeteo Cuentapuertas, o home máis rico de Metrópoli. O lixo da capital non vai, como todos pensan, á factoría de reciclaxe. Vai a unha illa onde vive Pandora.
No ano 2012, Don Epimeteo está convencido de que vai cambiar o futuro da humanidade cando presente o último descubrimento da súa empresa en avances tecnolóxicos. Pero unha moza que entra na súa oficina rouba o invento e foxe ata a illa. Alí coñece a Pandora, a única habitante do lugar, que constrúe robots cos restos dos obxectos abandonados.
Cando a situación se complica só a axuda dos vellos androides desactivados (os espectadores) permitirá que todo se solucione.
Un espectáculo dinámico, cheo de música e xogo, onde actores e títeres comparten o protagonismo.
Dura 67 minutos e está recomendado para públicos infantís, a partir dos 6 anos.
Esta obra ten dobre función, ás 12.00 e ás 18.30 horas. Entre o 13 e o 18 de xaneiro, pódense comprar abonos para 8 funcións, que teñen un prezo de 18 € e se poden adquirir exclusivamente en taquilla telefónica. Hai dúas modalidades: - O abono matinal, con acceso ás sete funcións das 12.00 horas no Teatro Principal e ao musical O Libro da Selva, que se celebra o 21 de marzo no auditorio do Pazo da Cultura ás 18.30 horas. - O abono de tarde, para as sete funcións das 18.30 horas no Teatro Principal e a mesma sesión do Libro da Selva, no Pazo da Cultura, o 21 de marzo. O prezo das entradas únicas é de 3 € e pódense adquirir en venda anticipada a partir do 19 de xaneiro en www.caixagalicia.es ou no 902 43 44 43, ata tres horas antes do comezo do espectáculo ou esgotar localidades. Se aínda quedan entradas, dúas horas antes de cada función poderanse comprar na taquilla do Teatro Principal.
