Luns 8Martes 9 de febreiro

Pazo da Cultura (Auditorio)Teatro

Rosalía, a pulga que escribía, é a nova proposta de Galitoon para os máis cativos. Despois das exitosas Golulá e Babiliglub, a produtora afincada en Teo presenta un espectáculo de formato flexible no que incorpora á súa disciplina outra técnica de manipulación: monicreques sobre mesa.

Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía. Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario…. e ler o seu contido: á señora Toupa porque non ve; a Dona Jirafa, porque perdeu as gafas; á ovella, porque non sabe ler e a Mr Elefante porque só sabe ler en inglés. Todos reciben unha carta, todos, menos Bruno, o Canguro. Por que? Porque é unha festa sorpresa para el!

A entrada custa 3 €, con desconto do 50% para os menores de 12 anos. Venda anticipada na billeteira, dende unha hora antes dos espectáculos. Idade recomendada: a partir de 2 anos. Duración: 45 minutos.